Emblema da Cooperación cos concellos

Fondo cabecera Cooperación cos concellos

Asistencia económico-financeira

OBXECTO

A asistencia económica ten como obxecto o asesoramento e consultoría nas áreas de intervención, contabilidade e tesourería, e configúrase como un apoio e complemento das tarefas e funcións que a lei reserva a tales unidades, para conseguir o cumprimento dos principios de legalidade, eficacia, eficiencia e economía na xestión dos recursos públicos que se xestionan.

En ningún momento a prestación de servizos de asistencia económica supoñerá a substitución das funcións que a lei encomenda ós titulares de tales responsabilidades.

CONTIDO

A asistencia en materia económica ten como contido esencial asesorar, estudar, analizar e informar as peticións formuladas nos ámbitos económico, financeiro e contable, así como calquera noutro que poida xurdir como consecuencia do desenvolvemento das actividades administrativas e técnicas que, en relación a dita disciplina, realicen e soliciten as entidades peticionarias.

TIPOLOXÍA

En relación ós contidos dos traballos solicitados, distínguense os seguintes tipos xenéricos e non limitativos de asistencia na materia económico-financeira:

  1. Asistencia no desenvolvemento do ciclo orzamentario e na contabilidade.
  2. Asistencia na elaboración da conta xeral.
  3. Asesoramento en procesos contables, de formulación de contas anuais, análise e consolidación de estados financeiros de entidades públicas empresariais e sociedades de capital integramente das entidades locais.
  4. Plans económico-financeiros. Plans de saneamento. Informes de situación.
  5. Asesoramento na confección de ordenanzas fiscais.
  6. Realización de estudos de custos dos servizos.
  7. Redacción de estudos e circulares informativas sobre novidades normativas e asuntos de interese xeral en materias económico-financieiras, tributarias, contables, etc.
  8. Emisión de informes e ditames.
  9. Resposta a consultas verbais ou telefónicas en liña.

SERVIZO

Servizo de Intervención

Información sobre el documento

Cooperación e Asistencia ós Concellos
Ronda da Muralla N°140 – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 227 812 | Fax: 982 240 409
E-mail: cooperacion@deputacionlugo.org