Emblema da Cooperación cos concellos

Fondo cabecera Cooperación cos concellos

Diagnose en materia de protección de datos de carácter persoal nos Con...

As recentes actuacións da Axencia Española de Protección de Datos en relación ás Corporacións Locais de Galicia, coas súas correspondentes sancións nalgúns casos, levaron á Deputación Provincial de Lugo a encargar unha diagnose sobre o grao e o nivel de cumprimento da lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal nos Concellos da provincia en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

Esta diagnose será realizada por un equipo multidisciplinar da Universidade da Coruña (economistas, avogados e informáticos) e ten como principal obxectivo determinar os puntos fortes e débiles dos Concellos da provincia de Lugo nesta materia, así como a realización dun informe final con recomendacións de mellora ó respecto que agardamos poidan servir de axuda para xestionar adecuadamente o risco do tratamento de datos de carácter persoal.

Dentro do plan de traballo do equipo da Universidade da Coruña contratado por esta Deputación, está a realización dunha reunión de traballo cos secretarios/as dos respectivos Concellos e cos/as empregados/as xestores de arquivos que incorporen datos de caracter persoal (Padrón de habitantes, censo electoral, padróns fiscais, contabilidade, servizos sociais, etc.), responsables da seguridade destes arquivos, e aquelas outras ás que os Concellos estimen que poidan ter interese en asistir, para coñecer polo miúdo o obxecto do mesmo, os traballos a desenvolver e recibir todo tipo de suxestións e propostas ó respecto.

A estes efectos convocáronse reunións en Foz, Lugo e Monforte de Lemos.

Información sobre el documento

Cooperación e Asistencia ós Concellos
Ronda da Muralla N°140 – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 227 812 | Fax: 982 240 409
E-mail: cooperacion@deputacionlugo.org