Emblema da Cooperación cos concellos

Fondo cabecera Cooperación cos concellos

Directiva de servizos

O Servizo de Asistencia ten a vontade de converterse a través desta web, en transmisor ós Concellos da Provincia, de toda a información e documentación da que se dispoña na Rede Técnica a tal efecto constituída na FEMP (Federación Galega de Municipios e Provincias) e da que formamos parte, en relación á transposición da Directiva de servizos.

A Directiva afecta, en principio, a 46 Leis estatais, entre as que se atopan a 7/1985, a 30/1992, a de Colexios Profesionais, e a moitas normas autonómicas.
A transposición da citada Directiva ó dereito interno afecta, loxicamente, ós municipios, nomeadamente a certas ordenanzas locais: apertura de establementos, venda ambulante, mercados, espectáculos, autotaxis; ordenanzas que precisan da súa correspondente adaptación.

Nun segundo nivel, a implantación da Xanela Única, configurada inicialmente como un portal estatal que integre as informacións de todas as Administración Públicas, obriga a poñer en marcha as previsións da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns ós Servizos Públicos.

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Cooperación e Asistencia ós Concellos
Ronda da Muralla N°140 – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 227 812 | Fax: 982 240 409
E-mail: cooperacion@deputacionlugo.org