Será obxecto desta asistencia a prestación das funcións reservadas ós funcionarios e funcionarias da Administración local con habilitación de carácter estatal en entidades locais exentas, de conformidade co previsto nos artigos 4 e 5 do Real Decreto 1732/1994, de 29 de xullo, de provisión de postos de traballo reservados a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter estatal, así como nos casos que tales funcións non poidan circunstancialmente atenderse, na forma establecida no artigo seguinte.
A prestación deste servizo desenvolverase conforme ó establecido polo artigo 36 do referido Real Decreto, comisionando un funcionario de habilitación de carácter estatal para a realización de cometidos específicos de carácter circunstancial e polo tempo imprescindible.
PROCEDENCIA DA ASISTENCIA
PROCEDEMENTO
A solicitude de asitencia efectuarase mediante petición escrita do Alcalde-Presidente, dirixida ó deputado delegado da área, na que se concreten os motivos e os aspectos ou alcance desta, cunha antelación mínima de oito días naturais, acompañada da documentación e segundo os diferentes supostos que se establecen no artigo 49 do Regulamento do Servizo de Asistencia Xurídica e Técnica ós Concellos.
SERVIZO
Gabinete de Asistencia, Asesoramento e Defensa Xurídica das Corporacións Locais.