Emblema da Cooperación cos concellos

Fondo cabecera Cooperación cos concellos

Urbanística

OBXECTO

A asistencia técnica urbanística ten como obxecto esencial a función de informar en materia urbanística ás Corporacións locais.

CONTIDO

O contido da asistencia en materia urbanística concretarase na redacción de informes e elaboración de documentos que terán como referencia algunha das seguintes materias: ordenación do territorio, urbanismo, medio natural, intervención e disciplina urbanística e supervisión de proxectos.

TIPOLOXÍA

A relación non exhaustiva dos diferentes traballos de asistencia urbanística que se desenvolvan será a seguinte:

  1. Supervisión de proxectos técnicos.
  2. Informes técnicos e xurídicos en materia de planeamento urbanístico xeral.
  3. Informes técnicos e xurídicos en materia de licenzas urbanísticas e de apertura, así como en materia de disciplina urbanística. Informes de expedientes de actividades sometidas a avaliación da incidencia ambiental, visitas e informes de comprobación.
  4. Resposta a consultas escritas, telefónicas e en liña.
  5. Elaboración de circulares sobre asuntos de interese xeral para todos os municipios.
  6. Valoración de inmobles e terreos para compras, expropiacións e/ou alleamentos.
  7. Colaboración na posta a disposición dos cidadáns do planeamiento municipal por medios telemáticos.
  8. Elaboración de expediente tipo en soporte dixital.

SERVIZO

Gabinete de Asistencia, Asesoramento e Defensa Xurídica das Corporacións Locais.

Información sobre el documento

Cooperación e Asistencia ós Concellos
Ronda da Muralla N°140 – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 227 812 | Fax: 982 240 409
E-mail: cooperacion@deputacionlugo.org