Emblema da Cooperación cos concellos

Fondo cabecera Cooperación cos concellos

Asistencia xurídica

OBXECTO

A función de asistencia xurídica consiste no asesoramento en Dereito e a representación e defensa en xuízo en todo tipo de procesos xudiciais, así como ante órganos administrativos e en procedementos arbitrais.

CONTIDOS

A asistencia xurídica comprende as seguintes actuacións:

  1. Defensa en xuízo, se é o caso, representación, das entidades destinatarias da asistencia en todo tipo de procesos xudiciais, así como ante órganos administrativos e en procedementos arbitrais.
  2. Defensa e, se é o caso, representación dos membros electos, autoridades e persoal ao servizo das entidades destinatarias diante de calquera orde xurisdiccional, nos asuntos derivados directamente do exercicio das súas funcións ou cargos.
  3. Emisión de informes e ditames fundados en dereito.
  4. Bastanteo de documentos.
  5. Remisión de información sobre novidades lexislativas relevantes para as entidades destinatarias da asistencia.
  6. Elaboración de estudios e circulares informativas sobre temas que se consideren de interese para os concellos.
  7. Atención permanente ás consultas que se planteen por membros electos das corporacións locais e polos empregados.
  8. As consultas poderán efectuarse: verbalmente nas dependencias da Deputación ou por teléfono, por escrito e on line.
  9. Anualmente, redactarase unha memoria que recollerá de forma sistemática a xurisprudencia máis relevante ditada polos órganos xurisdicionais, nos litixios en que actúen os letrados da Deputación.

SERVIZO

Gabinete de Asistencia, Asesoramiento e Defensa Xurídica das Corporacións Locais.

Información sobre el documento

Cooperación e Asistencia ós Concellos
Ronda da Muralla N°140 – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 227 812 | Fax: 982 240 409
E-mail: cooperacion@deputacionlugo.org