Emblema da Cooperación cos concellos

Fondo cabecera Cooperación cos concellos

Asistencia linguaxe administrativa galega

INTRODUCIÓN E CONTACTO DO SERVIZO DE ASESORAMENTO LINGÜÍSTICO AOS CONC...

INTRODUCIÓN E CONTACTO DO SERVIZO DE ASESORAMENTO LINGÜÍSTICO AOS CONCELLOS

 

O Servizo de Asesoramento Lingüístico aos Concellos (SALC) da Deputación Provincial de Lugo, encádrase dentro do Servizo de Cooperación, e pretende cooperar cos concellos para implantar e estender o uso da lingua galega no que está inmersa a Administración Local e créase coa intención de incrementar o uso e prestixio da lingua  en todos os concellos así como mellorar a calidade dos documentos administrativos e páxinas dos concellos.

As funcións que presta este servizo son as seguintes:

Asesoramento: corrección e tradución de textos, resolución de consultas lingüísticas e terminolóxicas, deseño de documentos, información sobre materiais en lingua galega, dereitos e deberes lingüísticos, lexislación lingüística, validacións…

Formación: sobre recursos relacionados coa lingua e información de convocatorias e cursos de formación para o persoal e poboación dos concellos

Dinamización: apoio e asesoramento a actividades que espallen o uso da lingua en todas as áreas dos distintos concellos…

Contacto:

Se queres que che revise algún documento ou che xorde algunha dúbida, podes chamar ao teléfono 982 22.78.12 (Xavier Rodríguez Barrio) ou mandar un correo a xavierbarrio@deputacionlugo.org

Recursos de lingua galega en liña

- Dicionarios

- Vocabulario

- Ortografía e morfoloxía

- Linguaxe administrativa e xurídica

- Documentación

- Redacción e estilo

- Vocabularios

- Outros vocabularios en liña

- Toponimia

- Lexislación

- Tradutores

- Correctores

- Páxinas institucionais e outras páxinas de interese

- Videoteca

RECURSOS LINGUA GALEGA EN LIÑA

(Servizo de Cooperación cos Concellos - Deputación de Lugo)


Dicionarios de galego

Ir Indo

RAG


Vocabulario

Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLG)


Ortografía e morfoloxía

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (NOMIG)

Resumo dos últimos cambios das NOMIG

   Síntese gramatical


Linguaxe administrativa e xurídica

 


Documentación

>   Manual básico de documentación administrativa e xurídica

>   Manual de documentos administrativos

>   Modelos documentos administrativos


Redacción e estilo


Vocabularios en liña

Vocabulario xurídico-administrativo galego-castelán

Gómez Guinovart, X. e Torres Padín, A.:Vocabulario xurídico-administrativo galego-castelán. Universidade de Vigo,2005

Compilación de terminoloxía xurídica castelán-galego

Galanes Santos, I. et alii: Compilación de terminoloxía xurídica castelán-galego. Consello da Avogacía Galega, 2003

Dicionario galego de termos xurídicos (DIXURI)

VV. AA.: Dicionario galego de termos xurídicos. Revista Xurídica Galega, 2011

Glosario de termos xurídicos dubidosos (castelán-galego)

Ramos Insua, M.: Glosario de termos xurídicos dubidosos (castelán-galego). Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, 2008

Profesionaliza a túa lingua: dereito

Marzabal Expósito, F.: Profesionaliza a túa lingua: Dereito. Universidade da Coruña, 2009

López Portas, B; X. A. Rodríguez Río (2011): Termos esenciais de dereito constitucional (galego-castelán)Consulta en formato .PDF (341 Kb)

 


Outros vocabularios en liña

Termos esenciais de contabilidade

Termos esenciais de contabilidade. Universidade de Santiago de Compostela, 2008

Vocabulario de economía

Giménez Fernández, E. L. e Lores Ínsua, X. F.: Vocabulario de economía. Universidade de Vigo, 2005

Dicionario ilustrado do comercio

Cabaleiro Carro, X.: Dicionario ilustrado do comercio. Federación Galega de Comercio,2008

Dicionario visual da construción

Gómez Méixome, A. et alii: Dicionario visual da construción. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2005

Dicionario galego das TIC: DIGATIC

VV. AA.: Dicionario galego das TIC:DIGATIC . Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia / Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, 2009

Termos esenciais de botánica

Rodríguez Río, X. A. (coord.) : Termos esenciais de botánica (galego-español-inglés). Universidade de Santiago de Compostela, 2004

Vocabulario de medicina (galego-español-inglés-portugués)

Rodríguez Río, X. A. (coord.): Vocabulario de medicina (galego-español-inglés-portugués). Universidade de Santiago de Compostela,2008

Vocabulario multilingüe de acuicultura

Lahuerta Mouriño, F. et alii: Vocabulario multilingüe de acuicultura. Xunta de Galicia, 2002

Dicionarios, vocabularios e glosarios terminolóxicos galegos (USC)  podes acceder á consulta de todas as publicacións do Servizo de Normalización Lingüística da USC.

http://www.udc.es/snl/recursos_voca.html Nesta páxina podes consultar vocabularios de agricultura, arte, bioloxía, botánica, ciencias da saúde, construción e arquitectura, deporte, dereito, economía, educación, filoloxía e tradución, historia, industria, informática e internet, matemática, pesca, psicoloxía, química, transporte e zooloxía.

 


Toponimia

Nomenclator de Galicia

Topónimos

 


Lexislación

·         Lexislación na páxina da SXPL

Compilación de lexislación lingüística da páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Clasifícase por ámbitos e recolle os artigos específicos sobre dereitos e obrigas dos usos lingüísticos.

·          As leis en galego

O Colexio de Avogados de Santiago de Compostela ofrece os textos legais publicados en lingua galega. A lexislación aparece agrupada segundo o ámbito estatal ou autonómico e aparece clasificada por orde cronolóxica.

Ámbito mundial e europeo

>   Declaración universal dos dereitos lingüísticos

>   Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias. Ratificación española da Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias (1992)

Ámbito español

>   Constitución Española

>   Lei 30/1992, do Réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

>   Estatuto básico do empregado público

Ámbito galego

>   Estatuto de autonomía

>   Lei 3/1983, de normalización lingüística

>   Plan xeral de normalización da lingua galega

>   Lei 13/2007, de modificación da Lei da función pública de Galicia

Ámbito da Administración Local:

>   Lei 5/1988, do 21 de xuño, do uso do galego como lingua oficial polas entidades locais DOG núm. 124, do 30 de xuño de 1988.

>   Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia. Artigos 7, 238, 240, 245 e 252. DOG núm. 149, do 5 de agosto de 1997.

>   Decreto 103/2008, do 8 de maio, polo que se regula o coñecemento do galego nos procedementos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios/as con habilitación de carácter estatal no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

>   Plan xeral de normalización da lingua galega

administración e xustiza


Tradutores de galego

Tradutor ESGAL

Esgl: ferramenta de tradución automática castelán-galego, galego-castelán, inglés-galego, galego-inglés e os prototipos francés-galego (e viceversa) e catalán-galego (e viceversa). O acceso é aberto e gratuíto, cun volume limitado (2500 caracteres). Traduce webs e textos. 

 As entidades públicas dispoñen de licenzas que permiten un volume maior de tradución. Conta tradutor de acceso restrinxido a persoal da Administración pública.  

 Traducíndote

Traduce documentos de OpenOffice.org ás diferentes linguas do Estado.

Prema a ligazón seguinte para acceder ao tradutor.

Tradutor OpenTrad

Este tradutor permítelle traducir documentos, páxinas web, ficheiros e texto en liña. Ten a posibilidade de tradución inversa galego-castelán e castelán galego. Prema a ligazón seguinte para acceder ao tradutor en liña OpenTrad.

Tradutor do Instituto Cervantes

O Instituto Cervantes ofrece un servizo de tradución na rede que traduce texto ou páxinas web a diferentes idiomas.

Prema aquí para acceder a este recurso en liña do Instituto Cervantes.

Tradutor de Google

Google tradutor: permite traducir do galego a un bo número de linguas, baixa calidade na tradución.

Tradutor Lucy KWIK Translator

- Lucy KWIK Translator: permite traducir textos breves ou páxinas web do galego ao inglés e ao castelán, e viceversa. Conta cunha versión profesional de pago que permite traducir documentos completos, correo electrónico ou integrar a aplicación nunha web.

Recursos para o galego Este enlace promovido pola Deputación da Coruña contén a guía de inicio, aprendizaxe do galego, correctores, tradutores, noticias de lingua…


Correctores ortográficos

Corrector ortográfico en liña Ortogal

O corrector ortográfico Ortogal é un recurso en liña que desenvolveu o Seminario de Lingüística e Informática da Universidade de Vigo. Permite a corrección de textos de ata 10 000 caracteres, mais non conserva o formato do documento. Con todo é unha ferramenta moi útil xa que as alternativas que achega e a solución dos erros son bastante avanzadas. Prema aquí para acceder en liña ao corrector Ortogal

Correctores para OpenOffice.org

Corrector ortográfico para OpenOffice.org

Se desexa, pode descargalo premendo nesta ligazón.

Corrector gramatical Golfiño para OpenOffice.org

O corrector gramatical Golfito permite detectar erros de sintaxe, de estilo e de concordancia, un feito que non é posible cos outros correctores, que só se centran na ortografía da palabra. Pode descargar este corrector tanto se emprega Windows, como Linux ou Mac nas ligazóns seguintes

   Golfiño para Linux

   Golfiño para Windows

   Golfiño para Mac

Para ler as instrucións para a súa descarga, pode ver a ligazón seguinte do portal Mancomun.org.

Corrector ortográfico para Windows

Se emprega o Windows, dispón de corrector ortográfico para o seu procesador de texto e os programas máis importantes. Para comprobar se ten o corrector de galego instalado, debe revisalo ao premer en Ferramentas -- Idioma -- Definir idioma . A partir de aquí ten dúas posibilidades:

·         Se ten unha versión instalada, posibelmente se trate da versión anterior do corrector que aínda non está adaptada á normativa de 2003. Por tanto, só terá que descargar a nova versión.

·         Se, pola contra, aínda non ten ningún corrector de galego no seu computador, primeiro ten que descargar a primeira versión, o corrector 2mil, e logo actualizalo coa segunda versión, xa adapatada á normativa actual, o 2mil3.

Prema aquí para informarse de como descargar e empregar o corrector ortográfico para Windows.

Exeria: aplicación para unha linguaxe non-sexista

O proxecto Exeria consiste nunha aplicación que se integra no OpenOffice e funciona como un corrector ortográfico propondo alternativas para un uso non-sexista da linguaxe.Visita a páxina do proxecto aquí


Páxinas institucionais e outras de interese

http://www.xunta.es/linguagalega/

Nesta páxina podes obter datos básicos da lingua galega, como vivir en galego (tecnoloxía, familia, mocidade, empresa, sociedade), o galego no exterior, as letras galegas, institucións, iniciativas normalizadoras, toponimia, dicionarios e léxicos, enciclopedias, fraseoloxía, normas, ferramentas informáticas, aprender galego...

http://www.xunta.es/linguagalega/convocatorias_de_formacion

Nesta páxina poderás consultar as convocatorias de Celga, de cursos de linguaxe administrativa e de linguaxe xurídica, alén de lectorados e diversos proxectos organizados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Rede de dinamización lingüística http://www.xunta.es/linguagalega/rede_de_dinamizacion_linguistica

Observatorio da Lingua Galega http://www.observatoriodalinguagalega.com/home.php

http://egap.xunta.es/teleformacion.php

A Escola Galega de Administración Pública desenvolve actividades de formación en lingua galega, entre estas: cursos de actualización e reciclaxe de linguaxe administrativa, cursos de linguaxe administrativa e xurídica presenciais e en liña...

Real Academia Galega (RAG) é a institución encargada de establecer as normas referidas ao uso correcto da lingua galega.

Instituto da Lingua Galega (ILG) é o centro de investigación lingüística, asumiu un labor rigoroso de investigación da lingua e estableceu as liñas para a súa normativa, en colaboración coa Real Academia Galega, que ten a potestade de a aprobar.

Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística, foi creado en 1993 coa intención de promover, desenvolver e difundir programas de estudos lingüísticos, literarios, históricos e antropolóxicos do galego.

Servizo de Terminoloxia Galega - TERMIGAL - Realiter

Consello da Cultura Galega (CCG) integra unha sección de lingua, que centra os seus esforzos na investigación, no asesoramento e na promoción da lingua na sociedade.

http://www.usc.es/snl/ Nesta páxina podes acceder a numerosos servizos: resolución de consultas lingüísticas, tradución e revisión de textos, cursos de lingua, axudas a investigacións en galego, información de diccionarios e vocabularios técnicos, consultas terminolóxicas…

http://www.usc.es/snl/term/index.htm A través desta páxina podes acceder a todos os vocabularios e traballos de terminoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

http://www.udc.es/snl/ Nesta páxina podes atopar lexislación lingüística, análise da situación sociolingüística, materiais que publica o Servizo de Normalización Lingüística, correctores, tradutores e demais materiais informáticos, dicionarios na rede, vocabularios e recursos terminográficos, cursos, premios, campañas, dereitos lingüísticos, plano de normalización lingüística da UDC...

http://www.galegoenlinna.uvigo.es/ Nesta páxina  da Universidade de Vigo podes consultar ortografía, gramática, léxico, estilo e redacción, dúbidas léxicas máis frecuentes...

http://www.icasantiago.org/sal/lexislacion.html O Colexio de Avogados de Santiago de Compostela desenvolve diversas accións a prol da lingua e aquí podedes atopar as leis en galego e recursos para asesoramento lingüístico.

http://www.ctnl.org/web/portada.php A Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística informa sobre lingua, formación, convocatorias, premios, subvencións e toda a actualidade da lingua.

http://www.eidolocal.es/portal/ Dá conta de novas que atinxen á Administración Local.

A Mesa pola Normalización Lingüística


Videoteca

·         Plurilingüismo: capítulo 2 do programa Ben Falado! emitido pola TVG (http://www.youtube.com/watch?v=vTRPn5ZsjL4)

·         Variedades e prestixio: capítulo 32 do programa Ben Falado! emitido pola TVG (http://www.youtube.com/watch?v=drOrh5Tw2oI)

·         O estándar é para o que é: capítulo 89 do programa Ben Falado! emitido pola TVG (http://www.youtube.com/watch?v=RhKi4O0xZzE)

·         Como galeguizar un nome ou un apelido?: capítulo 129 do programa Ben Falado! emitido pola TVG (http://www.youtube.com/watch?v=yTtQsOb8zMU)

·         Tesouros da lingua galega (1): capítulo 382 do programa Ben Falado! emitido pola TVG (http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/capitulo-382-de-ben-falado-tesouros-da-lingua-galega-1)

·         O galego na xustiza: programa emitido no portal de televisión por internet linguagalega.tv (http://www.falemostv.com/lingua/index.php?v=C2P10)

Témoslle lei http://vimeo.com/17029407               

Información sobre el documento

Cooperación e Asistencia ós Concellos
Ronda da Muralla N°140 – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 227 812 | Fax: 982 240 409
E-mail: cooperacion@deputacionlugo.org