Emblema da Cooperación cos concellos

Fondo cabecera Cooperación cos concellos

Actualidade

60 Concellos lucenses aplican xa unha ordenanza facilitada pola Deputación que permite abrir negocios sen licenza municipal

¿A Xunta chega tarde¿ incluíndo a supresión destes trámites na Lei de emprendedores, subliña o Deputado de Cooperación, pois a institución provincial elaborou e facilitou xa hai 2 anos a todos os municipios da provincia unha normativa que recolle esta posibilidade

A ordenanza redactada polo organismo lugués para os Concellos ¿aforra importantes custes ós emprendedores e acurta nun mínimo de 4 meses o procedemento burocrático para iniciar unha actividade económica, o que favorece a creación de emprego¿, explica Santos

Sesenta Concellos lucenses, o 90% dos da provincia, aplican xa unha ordenanza municipal elaborada e facilitada pola Deputación de Lugo ás entidades locais hai dous anos, que permite ós emprendedores abrir un negocio sen a obriga de contar coa licenza municipal. Deste xeito, subliñou o Deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Álvaro Santos, ¿a Xunta, de novo, chega tarde¿, incluído a supresión destes trámites na Lei do Emprendemento e da Competitividade Económica de Galicia que aprobou o xoves, e que aínda ten que someter a debate parlamentario.

Santos enmarcou a redacción da normativa que exime ós emprendedores de presentar a licenza municipal para poder poñer en marcha unha actividade económica na aposta da Deputación ¿pola máxima cooperación cos Concellos¿, pero tamén na súa estratexia de ¿reducir ou eliminar cargas burocráticas co obxectivo de prestar un servizo máis áxil e eficaz ós cidadáns, e aforrar custes á administración e ós administrados¿.

De feito, a ordenanza reguladora da apertura de novos negocios que elaborou o organismo provincial ¿aforra importantes custes ós emprendedores¿, explicou o Deputado de Cooperación, ademais de ¿acurtar nun mínimo de 4 meses o procedemento administrativo necesario para iniciar unha nova actividade económica, co que favorecemos a dinamización do tecido empresarial e a creación de emprego na provincia¿.

O único requisito esixido é presentar unha declaración responsable nas oficinas municipais do Concello correspondente para poder comezar de inmediato a actividade económica, sempre e cando esta non deba ser sometida a avaliación de impacto ambiental.

¿Cando hoxe, tanto a Xunta, como o Goberno central, ou outras administracións locais, tales como o Concello de Madrid, están difundindo a bombo e platillo que van facilitar a apertura de negocios ó requirir ó emprendedor só unha declaración responsable, é importante recalcar que non están inventando a pólvora, pois na Deputación de Lugo levamos máis de dous anos traballando nesta dirección¿, destacou Álvaro Santos.

Algunhas das actividades económicas que se poden beneficiar da ordenanza elaborada pola Deputación son as seguintes: todo tipo de comercio polo miúdo (moda, alimentación, electrodomésticos, bricolaxe, construción, droguería, xoguetes, fotografía, xardinería ou galerías de arte comerciais); instalacións para a cría de animais domésticos; talleres de confección e xastrería, de encadernación, reloxaría, ourivaría, óptica ou ortopedia; ou centros e academias de ensino, institutos de beleza; despachos profesionais e xestorías.

Información sobre el documento

Cooperación e Asistencia ós Concellos
Ronda da Muralla N°140 – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 227 812 | Fax: 982 240 409
E-mail: cooperacion@deputacionlugo.org