Emblema da Cooperación cos concellos

Fondo cabecera Cooperación cos concellos

Actualidade

Besteiro avoga por unha reforma local consensuada que 'dignifique e dote de consistencia e relevancia ó municipalismo'

O Presidente da Deputación defendeu o papel de Alcaldes e Concelleiros na transformación do país, realizada “sen comprometer as ratios de débeda e déficit global do Estado”, durante o V Encontro de Cooperación cos Concellos celebrado hoxe no Pazo de San Marcos

Unhas 160 persoas asisten á xornada, na que Tomás de la Quadra-Salcedo, Manuel Zafra, Tomás Quintana, Manuel Medina, Fernando García Rubio e Eloísa Carbonell abordan o novo marco competencial, froito da reforma da Lei de Réxime Local articulada na Lei 27/2013

FOTO Besteiro avoga por unha reforma local consensuada que 'dignifique e dote de consistencia e relevancia ó municipalismo'

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, participou este luns no V Encontro de Cooperación cos Concellos, unha xornada que chega á súa quinta edición abordando un análise en profundidade do marco competencial que se lles presenta ás Administracións Locais tras a reforma articulada en torno á Lei 27/2013. Gómez Besteiro subliñou novamente o feito de que esta reforma supoña “o maior ataque que sufrido nunca polo mundo municipal”, posto que esta suprime competencias dos Concellos en materias como educación, saúde e servizos sociais, para atribuírllas ás Comunidades Autónomas.

Esta reforma “implicará o empeoramento na prestación de servizos públicos e danará a vida democrática”, tal e como destacou o Presidente, ó “despoxar a Alcaldes e Concelleiros, elixidos polos cidadáns, da capacidade de decidir sobre os servizos públicos esenciais”. Ante esta perspectiva, Besteiro avougou por unha reforma “de consenso, froito incluso dun pacto de Estado, que dignifique o Goberno local e dote de consistencia e relevancia ó municipalismo”, ó ser esta “a administración máis próxima”.

O Presidente da Deputación recoñeceu o “mérito e a honra” dos Alcaldes e Concelleiros, por ter desempeñado un papel fundamental no período democrático, décadas nas que se produciu “unha extraordinaria transformación dos nosos municipios, das nosas cidades, da vida dos nosos cidadáns”. Unha transformación que, segundo subliñou Gómez Besteiro, “ realizouse sen compremeter as ratios de débeda e déficit global ou consolidado do Estado”. O Presidente defendeu ós Gobernos locais, xa que non son estes “os culpables deste déficit, nin do endebedamento financeiro das Administracións Públicas, nin dos problemas inducidos pola crise económica que padecemos, nin tampouco das consecuencias da xestión da mesma”. O mandatario provincial insistiu en pedir “consenso e mecanismos de participación efectiva das asociacións de municipios e provincias para acadar una reforma xusta”, afirmando que seguiría “pelexando por ela”.

Xornada de debate

O Presidente da Deputación foi o encargado de presentar a Tomás de la Quadra-Salcedo, encargado de impartir unha lección maxistral. O ex-ministro de Administración Territorial e Xustiza, e un dos responsables do proceso autonómico en España, abordou na súa intervención os aspectos máis importantes da reforma da Lei de Bases de Réxime Local.

Outros dos expertos que interviñeron ó longo da xornada deste V Encontro de Cooperación cos Concellos foron:

Manuel Zafra: profesor titular de Ciencia Política e da Administración Pública da Universidade de Granada, foi Director Xeral de Cooperación Local no Ministerio de Administracións Públicas; Director Xeral da Administración Local na Junta de Andalucía e Director do Plan Estratéxico da Deputación de Granada.
Manuel Medina: Catedrático de Dereito Constitucional na Facultade de Dereito na Universidade de Sevilla, foi Letrado do Tribunal Constitucional.
Fernando García Rubio: profesor titular de Dereito Administrativo na Universidade Rey Juan Carlos de Madrid
Tomás Quintana López: catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de León
Eloísa Carbonell Porras: Catedrática de Dereito Administrativo da Universidade de Jaén

Información sobre el documento

Cooperación e Asistencia ós Concellos
Ronda da Muralla N°140 – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 227 812 | Fax: 982 240 409
E-mail: cooperacion@deputacionlugo.org