Emblema da Cooperación cos concellos

Fondo cabecera Cooperación cos concellos

Actualidade

Páxina 1 de 10,  94 contidos

martes, 2 de mayo de 2017

O Goberno da Deputación acláralles aos Concellos dúbidas do Plan Único para que presenten os seus proxectos

<p>Plan Único 2017</p>

- O Presidente mantivo un encontro cos Alcaldes para atender todas as súas consultas do Plan Único, pois os 67 municipios teñen ata o 2 de maio para presentar proxectos

- Campos Conde puxo a disposición dos Rexedores os técnicos provincias para máis dúbidas puntuais que poidan xurdir e explicou que en www.deputacionlugo.gal teñen ademais toda a documentación ao respecto do plan

- O obxectivo do Goberno Provincial é aprobar nun Pleno en maio os proxectos de 20 millóns de euros nos 67 Concellos para a súa inmediata execución

Leer más

lunes, 10 de febrero de 2014

Besteiro avoga por unha reforma local consensuada que 'dignifique e dote de consistencia e relevancia ó municipalismo'

Besteiro avoga por unha reforma local consensuada que 'dignifique e dote de consistencia e relevancia ó municipalismo'

O Presidente da Deputación defendeu o papel de Alcaldes e Concelleiros na transformación do país, realizada “sen comprometer as ratios de débeda e déficit global do Estado”, durante o V Encontro de Cooperación cos Concellos celebrado hoxe no Pazo de San Marcos

Unhas 160 persoas asisten á xornada, na que Tomás de la Quadra-Salcedo, Manuel Zafra, Tomás Quintana, Manuel Medina, Fernando García Rubio e Eloísa Carbonell abordan o novo marco competencial, froito da reforma da Lei de Réxime Local articulada na Lei 27/2013

Leer más

miércoles, 29 de enero de 2014

O V Encontro Provincial de Cooperación cos Concellos analizará o reparto de competencias na administración trala reforma local

O V Encontro Provincial de Cooperación cos Concellos analizará o reparto de competencias na administración trala reforma local

Álvaro Santos presentou o programa da edición deste ano que se celebrará o día 10 de febreiro no Pazo de San Marcos coa participación de importantes expertos na materia

A xornada contará coa participación de Fernando García Rubio; Manuel Medina Guerrero; Manuel Zafra ou Tomás de la Quadra-Salcedo Fernández del Castillo, entre outros

O Encontro é gratuíto e está dirixido a responsables e traballadores das administracións locais, que poderán inscribirse dende hoxe mesmo en www.deputacionlugo.org

Leer más

jueves, 19 de septiembre de 2013

A Deputación inviste en Friol máis de 200.000 euros na mellora de servizos públicos 'tras os recortes do PP'

A Deputación inviste en Friol máis de 200.000 euros na mellora de servizos públicos 'tras os recortes do PP'

Martínez e Santos supervisaron o inicio das obras do POS, que executa e financia ó 100% o organismo provincial, logo de que o Goberno Central suprimise a súa achega a esta programación

A institución acondiciona as rúas Deputación e San Isabel, mellora a vía de Lamas a Narla, e asume o arranxo do sistema de drenaxe nas vivendas socias, ante a “desidia” da Xunta

O organismo provincial fai posible a execución dun total de 84 obras na provincia porque incrementou a súa achega ó POS, investindo 2,2 millóns de euros, “tras os recortes do PP”

Leer más

miércoles, 10 de julio de 2013

18 Concellos da Ulloa e da Zona Sur terán en agosto conexión wifi en prazas e consistorios co Innova-TE da Deputación

18 Concellos da Ulloa e da Zona Sur terán en agosto conexión wifi en prazas e consistorios co Innova-TE da Deputación

Álvaro Santos mantivo un encontro con técnicos municipais dos 21 Concellos da zona centro e da Montaña luguesa onde a institución porá en marcha a continuación estas actuacións, incluídas nun paquete de 8 servizos tecnolóxicos

A vindeira semana, o organismo provincial fará o mesmo na Mariña, arrancando estes traballos nos 48 municipios do Innova-TE que os solicitaron –todos menos Foz- ós que a Deputación lles aforra 2 millóns de euros, asumindo todos os custes con fondos europeos

Ademais de dotacións técnicas -como a rede wifi, mellora da calidade da banda longa ou a creación e actualización de páxinas web- as entidades locais terán á súa disposición un equipo de 12 profesionais para resolver dúbidas e darlles información e asesoramento sobre as TIC

Leer más

domingo, 9 de junio de 2013

A Deputación analizará nunhas xornadas formativas e de debate as novidades lexislativas que afectan ós Concellos da provincia

O 27 de xuño terá lugar un obradoiro dirixido a funcionarios con habilitación nacional e o 28, un foro de debate, aberto tamén a cargos electos e todo tipo de público

Seis recoñecidos profesionais de Lugo, Málaga e Madrid abordarán a reforma da administración local e as novas obrigas sobre estabilidade orzamentaria, prazos de pago a provedores e nivel de endebedamento

Os empregados públicos poden anotarse neste encontro ata o día 15 e o público en xeral entre os días 15 e 25

Leer más

viernes, 31 de mayo de 2013

Santos destaca a importancia de manter as Xornadas Xurídicas de Sarria porque converten á provincia 'na capital xurídica de España'

Santos destaca a importancia de manter as Xornadas Xurídicas de Sarria porque converten á provincia 'na capital xurídica de España'

O Deputado de Cooperación participou na inauguración da 7ª edición do congreso, ó que o organismo lugués lle presta unha colaboración económica “decisiva” dende a súa creación

O Presidente intervirá mañá na clausura do prestixioso foro, que aborda por primeira vez o Dereito Penal e ó que asisten unhas 150 persoas

Leer más

domingo, 26 de mayo de 2013

60 Concellos lucenses aplican xa unha ordenanza facilitada pola Deputación que permite abrir negocios sen licenza municipal

“A Xunta chega tarde” incluíndo a supresión destes trámites na Lei de emprendedores, subliña o Deputado de Cooperación, pois a institución provincial elaborou e facilitou xa hai 2 anos a todos os municipios da provincia unha normativa que recolle esta posibilidade

A ordenanza redactada polo organismo lugués para os Concellos “aforra importantes custes ós emprendedores e acurta nun mínimo de 4 meses o procedemento burocrático para iniciar unha actividade económica, o que favorece a creación de emprego”, explica Santos

Leer más

Páxina 1 de 10,  94 contidos

Información sobre el documento

Cooperación e Asistencia ós Concellos
Ronda da Muralla N°140 – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 227 812 | Fax: 982 240 409
E-mail: cooperacion@deputacionlugo.org