Emblema da Cooperación cos concellos

Fondo cabecera Cooperación cos concellos

Actualidade

Páxina 2 de 10,  94 contidos

lunes, 13 de mayo de 2013

A Deputación renova o seu apoio económico ás Xornadas Xurídicas de Sarria, que mantén dende a 1ª edición

A Deputación renova o seu apoio económico ás Xornadas Xurídicas de Sarria, que mantén dende a 1ª edición

O organismo achega este ano 6.000 euros para un congreso que ¿supón grandes oportunidades para a provincia, pois convértea na capital xurídica de España e atrae a centos de persoas que coñecen os nosos extraordinarios recursos¿, destacou Álvaro Santos

O Deputado de Cooperación asegurou na presentación do foro que o salto da temática á xurisdición Penal, tras seis anos abordando o Dereito Civil, ¿demostra o gran dinamismo deste evento e dos seus organizadores, o que garante unha vida longa e exitosa¿

Leer más

lunes, 8 de abril de 2013

A Deputación prestou asistencia xurídica o pasado ano a 49 Concellos en 366 preitos, aforrándolles un mínimo de 500.000 euros

A Deputación prestou asistencia xurídica o pasado ano a 49 Concellos en 366 preitos, aforrándolles un mínimo de 500.000 euros

O Deputado de Cooperación fixo balance deste servizo provincial, destacando que a gran maioría dos procesos atendidos foron contenciosos, cun 73%, seguido dos sociais, cun 19%, mentres que as materias predominantes foron o urbanismo, licencias ou expropiacións

Ademais da representación en preitos, 33 Concellos solicitaron 54 informes xurídicos, ben pedindo asesoramento legal sobre cuestións municipais, ou ben por ser preceptivos para continuar coa tramitación dun proxecto, como son os de incidencia medioambiental

Álvaro Santos destacou que esta memoria de actividades ¿pon de manifesto que a cooperación que impulsamos dende a Deputación é determinante para que os Concellos poidan aforrar cartos, e mellorar a súa xestión e a calidade dos servizos públicos¿

Leer más

miércoles, 20 de marzo de 2013

A agricultura ecolóxica é a rama máis demandada do plan de emprego Fórmate en Verde, acumulando preto de 400 inscritos

A agricultura ecolóxica é a rama máis demandada do plan de emprego Fórmate en Verde, acumulando preto de 400 inscritos

O primeiro curso desta especialidade arrancou este mércores no edificio dos sindicatos de Monforte con 20 participantes, cos que o Deputado de Cooperación mantivo un encontro

Álvaro Santos destacou a importancia que os cultivos biolóxicos teñen na Zona Sur, en especial a produción de viño, sidra e vinagre de sidra, pois, con 600.000 euros ó ano, esta comarca, xunto ó Concello de Baralla, concentran o 70% da facturación rexistrada en Galicia

A inscrición continúa aberta, pois Fórmate en Verde conta con un mínimo de 900 prazas. Os interesados deben entrar na páxina www.deputacionlugo.org escoller unha actividade, cubrir o formulario correspondente e envialo dende a web

Leer más

jueves, 28 de febrero de 2013

Álvaro Santos, José Luis Raposo e Alfredo Llano asumen novas responsabilidades no Goberno Provincial da Deputación

Santos será o novo Deputado de Cooperación cos Concellos, Raposo formará parte do Consorcio Provincial de Bombeiros e Suplusa mentres Llano asumirá as actuacións en impulso da economía do coñecemento, emprendedores e innovación

O organismo provincial publicará en marzo, por 1º vez na súa historia e a proposta do Presidente, o patrimonio de todos os Deputados. Gómez Besteiro xa ten publicada esta información na páxina web do Concello de Lugo, como membro da Corporación municipal

Leer más

lunes, 28 de enero de 2013

Besteiro reclama que a reforma do Réxime Local conte 'co máis amplo consenso, pois está en xogo un modelo de sociedade'

Besteiro reclama que a reforma do Réxime Local conte 'co máis amplo consenso, pois está en xogo un modelo de sociedade'

Durante a inauguración do IV Encontro de Cooperación cos Concellos, o Presidente apostou por ¿unha profunda reordenación competencial dos entes locais, priorizando as cirurxías funcionais, fronte ás territoriais¿

Unhas 160 persoas asisten ás xornadas, durante as que Manuel Zafra, Roberto Blanco Valdés, José María Gimeno, Jordi Sevilla e Alba Nogueira abordan o presente e futuro de Deputacións e municipios, así como a contratación conxunta como fórmula para aforrar custes

Leer más

lunes, 28 de enero de 2013

Clausurado o IV Encontro de Cooperación, que contribuíu a un debate 'plural e rigoroso' sobre o futuro do municipalismo

Álvaro Santos destacou que o foro, ¿que fomos pioneiros en organizar en Galicia, tense convertido nun referente, non só a nivel provincial, senón autonómico¿

Manuel Zafra e Blanco Valdés contrapuxeron as súas posturas sobre a intermunicipalidade; Gimeno Feliu abordou a contratación conxunta como instrumento para aforrar custes; e Jordi Sevilla e Alba Nogueira coincidiron na necesidade de abordar o problema do financiamento local

Leer más

domingo, 27 de enero de 2013

Cinco expertos no ámbito da Administración pública debaten mañá en Lugo sobre o futuro de Deputacións e pequenos Concellos

Manuel Zafra, Jordi Sevilla, Roberto Blanco Valdés, José María Gimeno e Alba Nogueira intervirán no IV Encontro de Cooperación cos Concellos organizado pola Deputación de Lugo

Unhas 150 persoas de toda a provincia asistirán ó foro, que se desenvolverá entre as 10:30 e as 18:30 horas no Salón de Actos de San Marcos

Leer más

miércoles, 23 de enero de 2013

Inscritas un centenar de persoas no IV Encontro de Cooperación, que abordará o futuro de Deputacións e pequenos Concellos

Cinco expertos no estudo e funcionamento da administración local: Manuel Zafra, Roberto Blanco Valdés, José María Gimeno, Jordi Sevilla e Alba Nogueira, intervirán no foro o vindeiro luns

As últimas prazas poden reservarse on line na páxina web da Deputación www.deputacionlugo.org ou ben enviando un fax ó número 982-24-04-09

Leer más

jueves, 17 de enero de 2013

O IV Encontro de Cooperación promove un 'debate plural e aberto' sobre o futuro das Deputacións e os pequenos Concellos

O IV Encontro de Cooperación promove un 'debate plural e aberto' sobre o futuro das Deputacións e os pequenos Concellos

Díaz Valiño anunciou que o Pazo de San Marcos acollerá o 28 de xaneiro estas xornadas, nas que se abordará a reforma do Réxime Local que busca definir as competencias municipais

Manuel Zafra, Roberto Blanco Valdés, José María Gimeno e Jordi Sevilla -Ministro de Administracións Públicas dende 2004 ó 2007-, participarán na iniciativa

O Encontro está dirixido a responsables e traballadores das administracións locais, que poderán inscribirse dende mañá e ata o 24 de xaneiro en www.deputacionlugo.org. O aforo é limitado

Leer más

viernes, 29 de junio de 2012

Valiño considera os estudantes cos mellores expedientes de ensino medio de Galicia "unha esperanza de futuro" para o país

O Deputado de Cooperación, xunto ó reitor da USC e o Alcalde de Lugo, participou no acto de recoñecemento dos estudantes, celebrado no auditorio lucense Gustavo Freire

Leer más

Páxina 2 de 10,  94 contidos

Información sobre el documento

Cooperación e Asistencia ós Concellos
Ronda da Muralla N°140 – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 227 812 | Fax: 982 240 409
E-mail: cooperacion@deputacionlugo.org