Emblema da Cooperación cos concellos

Fondo cabecera Cooperación cos concellos

Actualidade

Páxina 3 de 10,  94 contidos

miércoles, 18 de abril de 2012

Díaz Valiño participa na presentación do proxecto para a construción do 1º viveiro de naves industriais no Concello de Lugo

Díaz Valiño participa na presentación do proxecto para a construción do 1º viveiro de naves industriais no Concello de Lugo

A iniciativa está configurado para a creación de 4 espezos diferentes, 2 con características de laboratorio e os outros 2 máis industriais

A encargada de facer o estudo de necesidades foi a empresa pública asturiana Valnalón que dispón de gran experiencia neste terreo

Porase a disposición dos emprendedores a través do sistema de aluguer con dereito a compra ao cabo de 4 anos

Leer más

jueves, 15 de diciembre de 2011

A Deputación crea o primeiro Consello Provincial de Cooperación de Galicia, no que os Concellos lle formularán as súas prioridades

A Deputación crea o primeiro Consello Provincial de Cooperación de Galicia, no que os Concellos lle formularán as súas prioridades

Díaz Valiño subliña que o novo órgano potenciará e mellorará a eficacia do traballo en rede que a institución provincial desenvolve coas entidades locais para aforrarlles custes, garantir servizos básicos, crear emprego e frear o despoboamento

Neste foro permanente, que celebrará reunións ordinarias dúas veces ó ano, están representados os tres grupos políticos provinciais e os Alcaldes

Na asemblea de constitución do Consello, os rexedores plantexaron xa á Deputación a necesidade de colaborar para conseguir prezos máis vantaxosos en servizos como a telefonía ou a compra de material para o acondicionamento de estradas

Leer más

martes, 13 de diciembre de 2011

A Deputación aforrou 800.000 euros ós Concellos nos tres anos de novo servizo da área de Recursos Humanos

A Deputación aforrou 800.000 euros ós Concellos nos tres anos de novo servizo da área de Recursos Humanos

O Presidente salientou na clausura do III Encontro de Cooperación que este é o gasto que suporía ás arcas municipais a contratación externa do servizo integral de xestión dos recursos humanos que ofrece, sen custe algún, a institución provincial

Besteiro avogou por un novo marco normativo e financieiro máis estable para combater o abusivo emprego da contratación temporal que é do 70% nas entidades locais lucenses

Máis de 200 persoas, entre Alcaldes, Concelleiros, traballadores públicos, avogados, representantes sindicais, graduados sociais e estudantes participaron na xornada que contou coa lección maxistral da ex Presidente do Tribunal Constitucional, María Emilia Casas

Leer más

lunes, 12 de diciembre de 2011

María Emilia Casas ofrecerá unha conferencia sobre Dereito do Traballo no III Encontro de Cooperación

María Emilia Casas ofrecerá unha conferencia sobre Dereito do Traballo no III Encontro de Cooperación

A ex presidenta do Tribunal Constitucional pechará cunha lección maxistral o congreso organizado pola Deputación o día 13 de decembro no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, que contará con outros 5 prestixiosos poñentes

Máis de 200 persoas, entre traballadores municipais, representantes sindicais, avogados laboralistas, graduados sociais e estudantes de dereito, están inscritos nas xornadas, que abordarán este ano a contratación temporal nas entidades locais

Leer más

jueves, 1 de diciembre de 2011

A Deputación aborda no III Encontro de Cooperación cos Concellos a contratación temporal nas entidades locais

A Deputación aborda no III Encontro de Cooperación cos Concellos a contratación temporal nas entidades locais

Díaz Valiño presentou a nova edición da xornada que instaurou a institución provincial en 2009, converténdose na 1º Deputación en Galicia que organiza un foro permanente destas características, que terá lugar o 13 de novembro no Salón de Actos do Pazo de San Marcos

O 70% dos contratos laborais nas entidades locais lucenses son temporais. O seu emprego inadecuado supón ó ano 100 demandas xudiciais e un gasto de 500.000 euros ós Concellos

A xornada, na que prestixiosos expertos abordarán solucións, está dirixida a traballadores das administracións locais, representantes sindicais, avogados laboristas, graduados sociais e estudantes da materia de Dereito Laboral II na Escola Universitaria de Relacións Laborais

A solicitude, aberta ata o 7 de decembro, pódese facerse on line, entrando en www.deputacionlugo.org, por correo electrónico en cooperacion@deputacionlugo.org, ou remitindo un fax ó número 982-240-409. O aforo é limitado

Leer más

lunes, 28 de noviembre de 2011

A Deputación amplía a asistencia técnica que presta ós Concellos da provincia ó ámbito económico-financeiro e urbanístico

A Deputación amplía a asistencia técnica que presta ós Concellos da provincia ó ámbito económico-financeiro e urbanístico

O Deputado de Cooperación anunciou que as entidades locais terán á súa plena disposición un equipo técnico especializado para, por exemplo, elaborar un diagnóstico da súa situación económica e plans de saneamento, ou modificar normas subsidiarias

¿Máis concertación e menos subvención¿ será a máxima que rexerá a área de Díaz Valiño, pois quere que sexan os Concellos os que formulen as súas prioridades á institución provincial e que non estean tan suxeitos á temporalidade das axudas

Un dos primeiros novos servizos de asistencia que activou a Deputación foi a medición de ruídos e vibracións, que xa se levou a cabo en Monforte e ten solicitado Pantón

Valiño avanzou que a institución creará unha biblioteca xurídica e unha base de datos, poñendo o fondo documental da provincia a disposición dos Concellos mediante préstamo

Leer más

jueves, 30 de junio de 2011

Besteiro presenta o organigrama de goberno no que a formación e os perfís dos Deputados definen a asignación das competencias

Besteiro presenta o organigrama de goberno no que a formación e os perfís dos Deputados definen a asignación das competencias

Lara Méndez, Juan José Díaz Valiño, Pilar García Porto, Miguel Ángel Sotuela, Regina Polín e Manuel Martínez serán os Deputados Delegados das 6 áreas que xestionará o PSOE e Mario Outeiro e Antonio Veiga as do BNG

O Presidente mantén o seu compromiso de reducir custes de asesores políticos, que se verá materializado no Pleno de organización da vindeira semana

É a Corporación coa maior presenza feminina da historia da Deputación con 5 mulleres, das que 4 son do PSOE fronte a 1 do PP

O equipo de goberno aposta por ¿unha persoa, un cargo¿, polo que suma 10 Concelleiros e 3 Alcaldes, fronte ós 8 rexedores e 4 edís do grupo da oposición

Leer más

jueves, 24 de marzo de 2011

A Deputación atende 2.000 consultas municipais ó ano aforrando custes ós Concellos

240311 Xornada informativa sobre as eleccións dirixida ós Concellos

Besteiro fixo este balance durante a xornada ¿Elección e Constitución das Corporacións Locais. O Rexistro de Intereses¿ que impartiu o Letrado das Cortes Xerais, Enrique Acubilla

O organismo provincial descentralizou o departamento de Cooperación desprazando os técnicos ós municipios, e ofrecendo servizos que evitan custes de ata 100.000 euros

O Presidente avanza a posta en marcha na web www.deputacionlugo.org da guía electoral práctica que resolve de xeito sinxelo dúbidas sobre o proceso electoral ó persoal local

Leer más

A Deputación aumenta máis do 30% o investimento nos 54 Concellos da provincia de menos de 5.000 habitantes

180311 Rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno

A Xunta de Goberno aproba o Plan de Pequenas Infraestruturas de 2011 co que o organismo provincial executará preto de 60 obras por valor de 1,5 M€

Esta foi unha iniciativa que puxo en marcha o actual equipo de goberno en 2008, polo que dende este ano, a Deputación investiu 3,7 millóns na realización de 200 actuacións

O organismo provincial, ante a falta de resposta da Xunta -administración con competencias na materia- prestará asesoramento ós Concellos en labores de control e medición de ruídos

Con esta nova medida de cooperación, a Deputación aforrará cartos ás entidades locais, evitándolles ter que contratar este servizo a unha empresa externa

Leer más

jueves, 23 de diciembre de 2010

A Deputación inviste 8 millóns de euros na creación de máis de 700 novos postos de traballo con “Lugo Emprega”

A ambiciosa iniciativa reducirá o número de parados en Lugo e aumentará a cooperación cos Concellos, xa que os contratados realizarán labores de mantemento e mellora dos servizos municipais durante 6 meses

O número de traballadores por entidade local variará en función da taxa de poboación activa e do número de desempregados no municipio

O Plan será aprobado polo Pleno o vindeiro martes e só un día despois abrirase o prazo para que os municipios oficialicen a súa adhesión ó Plan

¿Lugo Emprega¿ súmase a outras actuacións coas que a Deputación crea emprego na provincia, como o Pacto Provincial polo Emprego, e que suman preto de 12 millóns de euros

Leer más

Páxina 3 de 10,  94 contidos

Información sobre el documento

Cooperación e Asistencia ós Concellos
Ronda da Muralla N°140 – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 227 812 | Fax: 982 240 409
E-mail: cooperacion@deputacionlugo.org