Emblema da Cooperación cos concellos

Fondo cabecera Cooperación cos concellos

Actualidade

Páxina 4 de 10,  94 contidos

viernes, 17 de diciembre de 2010

Gómez Besteiro pacta cos Alcaldes as preto de 70 obras do Plan Complementario dotado con preto de 10 M€

O Presidente asinou os convenios cos rexedores municipais dos 9 municipios que se benefician desta iniciativa extraordinaria e que foron aprobados hai tan só unha semana

A Deputación financia o custe destas actuacións das que se beneficiarán 176.000 cidadáns pertencentes ós Concellos máis poboados ou motores comarcais

Gómez Besteiro subraiou que é a partida económica máis cuantiosa en canto a transferencias directas ós Concellos, ¿e facémolo sen aumentar a débeda pública¿

O organismo provincial satisfará a vella demanda do municipio da capital, creando a ansiada praia fluvial do Miño, que se situará na zona dos Robles

Leer más

viernes, 10 de diciembre de 2010

A Deputación aprobou un plan complementario de 10 M€ para infraestruturas nos Concellos máis poboados ou motores comarcais

O organismo provincial asume, sen aumentar a débeda pública, o custe total destas actuacións complementarias que se executarán en 9 municipios e beneficiarán a 176.000 cidadáns

Dotará de servizos necesarios a Concellos que superan os 5.000 habitantes ou exercen de motor comarcal, e que quedaran excluídos doutros plans impulsados polo organismo provincial

A Deputación completa así o Plan Extraordinario de Obra Pública, dotado con preto de 22 millóns de euros, e creado para axudar ós concellos a saír da crise e manter postos de traballos

Leer más

jueves, 9 de diciembre de 2010

Lara Méndez destaca o esforzo inversor da Deputación en Cervo, onde investiu este ano preto de 2 M€

A Vicepresidenta Segunda visitou varios núcleos poboacionais deste Concello nos que o organismo provincial executou obras de mellora co Plan de Comunidades Veciñais de 2010

Méndez subliña que ¿fronte a unha Xunta que se ampara na falta de cartos para non facer nada, a Deputación soluciona os problemas que temos os veciños de Cervo¿

A Vicepresidenta 2ª anuncia que en 2011 a Deputación pavimentará con aglomerado en quente máis de 10 quilómetros de estradas provinciais dentro da Conservación

Leer más

viernes, 3 de diciembre de 2010

Antonio Gato subliña que a Xunta discrimina á provincia coa eliminación da subvención da UPD en 2011

A través da Unidade de Promoción e Desenvolvemento, creada en 2008 ó abeiro dun programa da Consellería de Traballo, a Deputación aforrou 750.000 euros na redacción de 183 proxectos de obra ó non ter que contratar este servizo a unha empresa externa

Tendo en conta o importante servizo que presta, o organismo provincial está a estudar como manter a Unidade, ¿e veise na obriga de buscar unha solución ante a incompetencia do goberno de Feijóo¿

Lugo é a única provincia galega na que a Xunta só renovou unha UPD de todas as existentes

O organismo provincial adxudica o 100% da partida do Plan Extraordionario de Obra Pública, destinada a obras en 19 Concellos e dotada con máis de 12 millóns de euros

O dispositivo despregado pola Deputación, formado por 94 vehículos e 80 operarios, continúa a traballar ininterrumpidamente para restablecer a situación canto antes na rede viaria provincial. Arestora, permanecen pechadas ó tráfico 19 estradas

Leer más

miércoles, 1 de diciembre de 2010

A Deputación adianta a entrada en vigor do Orzamento de 2011 para axudar ós Concellos

O Presidente anuncia que a Xunta de Goberno deste venres adxudicará as derradeiras obras do Plan Extraordinario de Obra Pública

Gómez Besteiro denuncia a incompetencia da Xunta de Galicia ¿porque antes viña un Conselleiro para dar cartos pero agora vén e chos quita¿

O Presuposto, que supera os 92 M€, está caracterizado por un adelgazamento grazas ó cumprimento das débedas históricas como as transferencias hospitalarias, e polo aumento da cooperación cos municipios

O equipo de goberno denuncia que a política de prezos da Lei de Augas suporá nalgúns casos incrementos do 140% respecto do prezo actual

Leer más

jueves, 25 de noviembre de 2010

O Orzamento 2011 incrementa o apoio e a cooperación cos Concellos a diferenza doutras administracións

O Presidente e o Vicepresidente Primeiro presentaron o Presuposto que ascende a máis de 92 M€, e que está caracterizado por ¿un adelgazamento querido e buscado grazas ó cumprimento das débedas históricas como as transferencias de hospitais¿

Gómez Besteiro anuncia que no 1º trimestre do ano a Deputación voltará a presentarse para conseguir novos proxectos europeos, co obxectivo de acadar o mesmo éxito que na convocatoria anterior na que se obtiveron máis de 20 M€

No tocante ás Áreas de Cultura e Deporte, Bao anuncia a creación da Fundación Uxío Novoneyra no Courel e a posta en marcha dun programa contra a obesidade infantil

Leer más

lunes, 15 de noviembre de 2010

Besteiro salienta que o medio rural perdeu 136 millóns de euros debido a “falsa austeridade” da Xunta

É o orzamento da Unión Europea que lle correspondía a Galicia para melloras no campo durante 2011 e que ¿como o Executivo galego se negou a investir 23 millóns de euros, agora ós nosos gandeiros e agricultores teñen estas axudas bloqueadas¿

A maiores, a Xunta recortou nun 21% o presuposto da Consellería de Medio Rural supoñendo unha reducción de 134 millóns de euros en políticas agrogandeiras

O Presidente reivindicou políticas supramunicipais no rural, e adiantou que a vindeira semana SUPLUSA aprobará os seus Orzamentos nos que 12 millóns serán para a construción de residencias e centros de día que combatan o despoboamento

Leer más

viernes, 12 de noviembre de 2010

A Deputación aforrará un 20% en gasto corrente coa nova contratación da telefonía

Esta adxudicación dá continuidade ó anuncio do Presidente no Parlamento de que no Orzamento de 2011 a partida referida a este tipo de gastos reducirase en 3 millóns de euros

Gato Soengas destaca que esta actuación, que irá acompañada dunha drástica revisión de liñas de teléfono, se suma a outras que o actual equipo de goberno puxo en marcha para a racionalización do gasto corrente como a reducción do Parque Móbil

O organismo provincial adxudicou provisionalmente 6 novas obras e aprobou a contratación doutra por valor de máis de máis de 3 millóns de euros nos Concellos de Begonte, Monforte, Palas de Rei, Rábade, Riotorto e Viveiro

En relación ó investimento da Xunta en residencias da 3ª idade, o voceiro provincial socialista subliña que ¿nos alegramos de marcarlle a axenda inversora á Xunta de Galicia. O gobeno feijoniano anda para adiante grazas ós impulsos da Deputación de Lugo¿

Leer más

lunes, 8 de noviembre de 2010

O cumprimento das débedas históricas permite o adelgazamento do Presuposto 2011 ata os 100 M€

Gómez Besteiro destacou que só o traspaso dos hospitais provinciais ó SERGAS supón unha reducción de 20 millóns: ¿é un adelgazamento buscado e desexado. De nada serviría que os cartos entrasen por unha porta e saísen por outra ó tratarse dunha competencia impropia¿

O organismo provincial aprobará o Presuposto en novembro, un mes antes, pola situación económica dos municipios e aumentará a partida de cooperación

É o primeiro Orzamento con estabilidade presupostaria, cumprindo o Plan Económico-Financieiro creado en 2008

O Presidente reclama á Xunta medidas supramunicipais contra o despoboamento, vinculadas ó ¿Pacto polo Campo¿, á banda longa no rural, á colaboración no Centro de Recría, e ó apoio para a xestión das 10 residencias e centros de día que construirá o organismo provincial

Besteiro reivindica a utilidade das Deputacións e anuncia o apoio ó Pacto Antitransfuguismo da FEGAMP para garantir a transparencia nos entes provinciais

Leer más

viernes, 5 de noviembre de 2010

A Deputación adxudica nunha semana obras en 8 Concellos por valor de 3,5 millóns de euros

Gato Soengas subliña que ¿isto contrasta coa sequía inversora do plan de austeridade do señor Feijóo. Nós estamos facendo investimentos importantes en todos os municipios da provincia, pola contra a Xunta non se sabe que existe¿

Tal e como prometeu o Presidente, adxudicáronse catro novas actuacións dentro do Plan Extraordinario de Obra Pública que ascenden a máis de 1 millón de euros

A Xunta de Goberno aprobou a contratación da actualización da EIEL deste ano, que contén información sobre os 3.700 núcleos poboacionais de todos os Concellos de menos de 50.000 habitantes, e 50 bloques de información

A Enquisa ten un custe cero para as entidades locais, e supón a instrumento básico de análise e valoración das necesidades municipais

Leer más

Páxina 4 de 10,  94 contidos

Información sobre el documento

Cooperación e Asistencia ós Concellos
Ronda da Muralla N°140 – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 227 812 | Fax: 982 240 409
E-mail: cooperacion@deputacionlugo.org